Coñece os 18 proxectos de economía social seleccionados

Coñece os 18 proxectos de economía social seleccionados

Un total de 18 proxectos empresariais de economía social foron seleccionados para participar durante os próximos 4 meses na aceleradora ES-CONECTA.

Entre as diferentes temáticas dos proxectos, destacan as relacionadas co medio ambiente e a biotecnoloxía, son os proxectos Biopranaworld.com,Semprece, e Isener.

Outra das temáticas presentes na selección final é a educación e formación. Neste caso, enmarcanse Catarse, educando na felicidade, Centro Integral Canino,Koko e Seniorlab Ategal.

As novas tecnoloxías é outro dos sectores que esperta o interese dos emprendedores. Neste senso, as propostas que van estar presentes na aceleradora ES-CONECTA son o Centro Tecnolóxico do Barbanza, Kendra realidade aumentada e virtual e Fabspace, Rede Galega Fablabs.

Cómpre destacar que dúas propostas empresariais pretenden contribuír á integración de persoas en risco de exclusión social, trátase de Canteira de profesionáise Serviforest Galicia.

A maiores, na aceleradora estarán incluidas ideas relacionadas co deseño de negocios que precisen instalación física, Dreamcontainer; coa saúde, Espazo demencia,con servizos audiovisuais, Fotografía e producción audiovisual; coa alimentación, Tres fuciños e Trigo y Limpioe coa cosmética nacida do viño, LevinRed.

Xornada de selección

Estes 18 proxectos superaron con éxito a fase selectiva do proceso, a xornada Startup Day, que incluíu dinámicas para potenciar a creatividade dos emprendedores, mellorar a súa comunicación, as súas dotes de negociación e tamén o traballo en equipo.

Analizar o tipo de investimento que se precisa, potenciar a capacide de argumentación e facer unha escoita activa ou incentivar as habilidades na xestión dos conflictos, eses son algúns dos aspectos que os emprendedores puideron abordar durante a xornada de selección que se celebrou na sede de Afundación, en Vigo, o pasado 30 de xaneiro.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria supervisou o desenvolvemento das diferentes dinámicas. Francisco Conde animou ós emprendedores “a seguir adiante cos vosos proxectos, posto que coas vosas ideas contribuiredes a xerar emprego no sector da economía social e tamén a crear riqueza en Galicia”.

Máis de medio centro de ideas

Un total de 56 ideas empresariais presentáronse á aceleradora ES-CONECTA. Desa cantidade, fíxose unha primeira selección de 25 proxectos, que son os que participaron na xornada de selección.

A partir de agora os emprendedores dos 18 proxectos seleccionados recibirán asesoramento durante 4 meses. Durante este tempo estarán baixo a supervisión dun equipo de especialistas e participarán nun conxunto de accións baseadas na formación, a titorización, o coaching, a mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo.

Accede ó listado de proxectos seleccionados.