Comeza a actividade da aceleradora ES-CONECTA

Comeza a actividade da aceleradora ES-CONECTA

A aceleradora de economía social ES-CONECTA comezou esta tarde a súa actividade en Vigo.

Os emprendedores dos 18 proxectos participaron nunha sesión de preaceleración na que tiveron ocasión de coñecer ó equipo que lles vai acompañar ó longo das vindeiras semanas, a metodoloxía de traballo e o calendario das accións formativas presenciais.

Por outra parte, os emprendedores participaron nunha sesión de coaching, na que obtiveron as pautas necesarias que lles permitirán iniciar esta nova etapa.

A aceleradora de ES-CONECTA vaise prolongar ata o vindeiro 13 de xuño. Durante todo este tempo os emprendedores recibirán formación e titorías presenciais.

A vindeira actividade será o xoves, 28 de febreiro. Ese día aprenderán a facer o deseño do seu modelo de negocio e a proposta de valor.

Durante estes catro meses, os diferentes proxectos de economía social participarán nun conxunto de accións baseadas na formación, a titorización, o coaching a mentorización e o apoio no acceso á financiación externa.