QUE É ES-CONECTA?

ES-CONECTA é unha aceleradora de economía social dentro do proxecto POCTEP-LACES que busca reducir os riscos e tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social.

 

Este programa de alto rendemento de 4 meses de duración, desenvolverá en Vigo baixo a supervisión dun equipo de especialistas accións baseadas na formación, titorización, coaching, mentoring e apoio no acceso a financiamento externo.

  • DURACIÓN
  • 4 MESES
  • LUGAR
  • VIGO

CALES SON OS OBXECTIVOS?

assets_es_21assets_es_21

Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e as experiencias.

assets_es_20assets_es_20

Garantir o éxito do desenvolvemento das actividades.

assets_es_19assets_es_19

Avaliar, medir e formar os emprendedores.

assets_es_18assets_es_18

Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking.

assets_es_17assets_es_17

Acercar a economía social ás empresas.

A QUEN SE DIRIXE?

  • Emprendedores da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal interesados en crear e impulsar os seus proxectos empresariais de economía social.
  • Proxectos de economía social promovidos por empresas do territorio transfronteirizo xa creadas e en fase de consolidación que queiran acelerar os seus proxectos ou alcanzar un salto de escala mediante novos produtos, novas liñas de negocio, novos procesos de xestión…
  • Empresas de Galicia e o norte de Portugal baixo outras fórmulas xurídicas propiedade de entidades de economía social.
  • Outras empresas de Galicia e o norte de Portugal constituídas baixo outras fórmulas xurídicas que queiran transformarse en empresas de economía social.

QUE VAS CONSEGUIR?

  • Identificar ideas innovadoras reproducibles noutros sectores e as oportunidades que ofrece a economía social.
  • Coñecer como transformar a túa empresa a través da economía social.
  • Reducir o tempo de posta en marcha e consolidación do teu proxecto.
  • Compartir experiencias, recursos e procedementos relativos á creación e á consolidación de modelos de negocio.
  • Acceder a fontes de financiamento externo para poñer en marcha ou desenvolver o teu proxecto ou empresa.
  • Formar parte de redes de cooperación entre proxectos de diversas temáticas e sectores.

FASES

Un programa de alto rendemento de 4 meses en Vigo

assets_es_11assets_es_11

SELECCIÓN

assets_es_14assets_es_14

ESTRATEXIA

assets_es_10assets_es_10

ACELERACIÓN

assets_es_5assets_es_5

ACCESO A FINANCIAMENTO