RE-CONECTA actividades de networking para os proxectos participantes en LACES

RE-CONECTA actividades de networking para os proxectos participantes en LACES

A Xunta de Galicia lanza RE-CONECTA, un conxunto de actividades de networking para as iniciativas de economía social que participaron no proxecto LACES e co que se busca compartir experiencias, recursos e coñecementos ou aproveitar sinerxías para impulsar novos proxectos ou alcanzar novos mercados.


Programa de actividades:

ESCAPARATE VIRTUAL

O escaparate virtual permitiralles aos proxectos participantes expoñer os seus produtos, servizos ou intereses (clientes, ideas futuras, necesidades de colaboración, provedores, áreas nas que proporcionar experiencia etc.)
Do 28 de setembro ao 22 de outubro de 2020 porase a disposición dos proxectos un servizo de gravación e montaxe para apoialos na comunicación.

ENCONTRO NETWORKING VIRTUAL

Este encontro celebrarase o 3 de novembro de 2020 e durante a súa celebración terán lugar as seguintes accións:

  • PRESENTACIÓNS DOS PROXECTOS
  • LACES FLASH DATING: Encontros entre proxectos transfronteirizos
  • CHARLA: “Cooperar en tempos de COVID-19”
  • ESCAPE ROOM VIRTUAL

AXENDAS VIRTUAIS DE NEGOCIO

Reunións virtuais. Ti decides con quen reunirte. Do 3 ao 11 de novembro organizaranse encontros virtuais entre os proxectos participantes no programa. Para iso, crearase unha axenda virtual para cada proxecto en función dos seus intereses ou necesidades.

Para participar nesta actividades podes inscribirte en: www.bit.ly/reconecta2020

Para máis información: inscripcion.laces@gmail.com


O proxecto Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, LACES, enmárcase no Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, e está cofinanciado ao 75 % con fondos FEDER.
O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento da economía social na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na competitividade e o impulso de proxectos empresariais de economía social no espazo transfronteirizo.